Tuesday 31 March 2020

Xogamos en aprendemos un montón- PRESCHOOL, 1st and 2nd grade ( Infantil, 1º e 2º)

Nesta entrada para o alumnado de infantil - PRESCHOOL,  (tamén se adapta para o alumnado de primeiro e segundo para seguir adquirindo vocabulario) quero engandir un link moi completo no que poderedes atopar actividades divididas en dous niveis. Aprenderedes ou repasaredes vocabulario sinxelo gracias a "Snail" o caracol, e "Ladybird" a bolboreta.
 Ao pasar o rato sobre cada imaxe escoitaredes a temática que ides practicar. Podedes elexir a que máis vos apeteza, para cada tema ábrese unha ventá con xogos de máis sinxelos a máis complexos nos que teredes que escoitar, sinalar, unir, contar, colorear, etc.

Espero que vos guste. Deixade a vosa opinión nos comentarios de abaixo sobre si vos gustou ou non, ou si é sinxelo ou algo lioso. Así seguimos en contacto e vamos vendo algunha cousiña nova.

Unha aperta grande!

No comments:

Post a Comment